Mallando no Android | Mallando no Android
Como xa vimos comentando nos últimos tempos, a fusión entre MásMóvil e Orange da que xurdiu MASORANGE, leva parella a obriga de desfacerse de frecuencias de móbil. Estas imposicións que marca Bruxelas teñen por obxectivo reducir o impacto da chegada dun gran grupo no resto da competencia. O principal beneficiario deste movemento é Digi, unha das operadoras...
Tal e como estaba previsto, Motorola anunciou hoxe novidades do seu portfolio de dispositivos. Tras semanas de rumores e filtracións, os novos Motorola Edge 50 son oficiais. Son tres teléfonos que chegan para dar a batalla en tres segmentos de prezo ben diferenciados. Os Motorola Edge 50 Fusion, Edge 50 Pro e Edge 50 Ultra comparten pantalla curva pOLED...
Hai 21 anos, no 2003, Galiza inaugurou Galnix, un punto neutro de conectividade promovido por R, Comunitel, Jazztel, Retevisión e o Centro de Supercomputación de Galiza. O obxectivo destas empresas era evitar o centralismo no tráfico de datos, e que estes tiveran que facer unha “viaxe de ida e volta” aos puntos situados en Madrid, reducindo así a latencia....
Vodafone anunciou esta mañá o lanzamento dunha nova oferta converxente, que desde hoxe está dispoñíbel tanto para a clientela actual como para as novas contratacións. O seu prezo é de 49,99 €/mes de maneira permanente. Este novo plan ofrece os seguintes servizos: Caba sinalar que o decodificador Vodafone 4K Pro inclúe sistema Home Cinema con Audio by...
No mes de febreiro Xiaomi anunciou no MWC a serie Xiaomi 14. Mais agora o foco comeza a situarse nas variantes “T”, esperadas para o mes de setembro. As dúas referencias agardadas, o Xiaomi 14T e o Xiaomi 14T Pro, chegarán para completar a serie Xiaomi 14 deste 2024, situándose un chanzo por baixo en prezo dos modelos xa coñecidos da gama. Desfacendo...
Hai pouco máis dun ano Google ampliou o servizo de VPN a todas as persoas que dispuñan dunha subcrición a Google One. Até ese momento, o servizo viña sendo un beneficio exclusivo das persoas que tiñan un plan Premium de 2 TB. Agora, a compañía anuncia que deixará de ofrecer ese servizo para todas as persoas. A través dun comunicado que Google está a...
Build your own newsfeed
Ready to give it a go?
Start a 14-day trial, no credit card required.