Mallando no Android | Mallando no Android
nubia, a segunda marca de ZTE, vén de anunciar a posta á venda no noso país do nubia Flip 5G. Trátase do primeiro modelo encartábel deste fabricante, que destaca por posicionarse na gama media – alta e manter un prezo contido. Tal e como adiantamos, tras unhas primeiras impresións no Mobile World Congress, nubia aspira a captar parte do público que...
Co gallo da conmemoración do Día da Nai, Vodafone vén de anunciar unha importante batería de descontos en dispositivos. No mellor dos casos, esta rebaixa chega ao 81%. Deste xeito, as usuarias que cambien os seus servizos polos de Vodafone poderán beneficiarse de ofertas en smartphones, smartwatches, tablets e auriculares sen fíos. Son un total de 17...
Logo de ter adquirido espectro radioelétrico grazas aos remedies de MÁSORANGE, a operadora DIGI apura os tempos para poñer en marcha a súa rede de telefonía móbil. Ocupará o lugar que viña tendo Yoigo como cuarto operador con rede propia no Estado, ao pasarse os clientes desta compañía á rede de Orange, moito máis extensa. Tras a fusión de Orange e...
Samsung incorporou na súa serie Galaxy S24 a intelixencia artificial (IA), até o punto de que estas ferramentas son a principal novidade nos seus novos modelos. Porén, o seu uso gratuíto podería estar limitado. Segundo se desprende dunha información filtrada en Corea, o fabricante estase plantexando comezar a cobrar por elas a través dunha subscrición...
A finais de ano, Orange e Movistar anunciaron os seus avances no despregamento das redes 5G SA (5G+), as máis avanzadas do mercado. No caso de Galiza, Orange anunciou a súa dispoñibilidade nas cidades da Coruña e Vigo, mentres que Movistar adiantou os despregamentos en Ferrol e Vigo. O momento parece ter chegado, e segundo apunta La Voz de Galicia,...
Presentada primeiro como unha función exclusiva dos Galaxy S24, a función “Circle to search” (rodea para buscar) chegou posteriormente aos dispositivos Pixel. Agora tamén está dispoñíbel nos Galaxy Z Fold5 e Galaxy Z Flip5, trebellos que a recibiron a través dunha actualización software. Esta función permite, como o seu propio nome indica, rodear algo...
Crea tu propio feed de noticias
¿Listo para probarlo?
Comienza una prueba de 14 días, no es necesaria tarjeta de crédito.