Mallando no Android | Mallando no Android
CUPRA vén de desvelar os novos CUPRA Formentor e CUPRA León. Trátase dunha revisión de dous dos modelos que xa son emblemáticos da marca, e que chegan redeseñados e mellorados para continuar a estela dos seus predecesores. O novo exterior inclúe o logotipo de CUPRA integrado no capó, con forma de nariz de tiburón e faros matrix LED triangulares. Na...
Mentres as operadoras están a afanarse no despregamento das redes 5G (5G NSA) e 5G+ (5G SA), a industria xa traballa na definición da próxima xeración de telefonía móbil. Falamos das redes 6G, previstas para comezar a funcionar arredor do ano 2030. O 3GPP, organismo internacional que establece a estandarización das redes desde a terceira xeración, vén...
nubia, a segunda marca de ZTE, vén de anunciar a posta á venda no noso país do nubia Flip 5G. Trátase do primeiro modelo encartábel deste fabricante, que destaca por posicionarse na gama media – alta e manter un prezo contido. Tal e como adiantamos, tras unhas primeiras impresións no Mobile World Congress, nubia aspira a captar parte do público que...
Co gallo da conmemoración do Día da Nai, Vodafone vén de anunciar unha importante batería de descontos en dispositivos. No mellor dos casos, esta rebaixa chega ao 81%. Deste xeito, as usuarias que cambien os seus servizos polos de Vodafone poderán beneficiarse de ofertas en smartphones, smartwatches, tablets e auriculares sen fíos. Son un total de 17...
Logo de ter adquirido espectro radioelétrico grazas aos remedies de MÁSORANGE, a operadora DIGI apura os tempos para poñer en marcha a súa rede de telefonía móbil. Ocupará o lugar que viña tendo Yoigo como cuarto operador con rede propia no Estado, ao pasarse os clientes desta compañía á rede de Orange, moito máis extensa. Tras a fusión de Orange e...
Samsung incorporou na súa serie Galaxy S24 a intelixencia artificial (IA), até o punto de que estas ferramentas son a principal novidade nos seus novos modelos. Porén, o seu uso gratuíto podería estar limitado. Segundo se desprende dunha información filtrada en Corea, o fabricante estase plantexando comezar a cobrar por elas a través dunha subscrición...
Bouw uw eigen nieuws-stroom
Klaar om het te proberen?
Start een 14-daagse proef, geen credit card nodig.